InicioMedioambiente e PatrimonioOs investigadores alertan dos enormes danos colaterais do trampeo contra a velutina

Os investigadores alertan dos enormes danos colaterais do trampeo contra a velutina

Científicos da UVigo demostran a escasa eficacia do trampeo contra a velutina, un método indiscriminado avalado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA)

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un estudo realizado en 21 municipios galegos invadidos pola vespa asiática evidencia que as trampas de cebo teñen “taxas de captura e selectividade relativamente baixas” e representan unha “ameaza potencial” para os insectos nativos, sendo os métodos caseiros os menos eficaces. So o 0,90 por cento dos insectos atrapados son velutinas.

A eficacia das trampas de cebo para controlar a invasora vespa velutina está moi cuestionada. Científicos galegos estudaron o rendemento destas trampas e atoparon que os exemplares da avespa asiática representaron menos do 1 por cento de todas as capturas, o que “reflicte a baixa selectividade do método”, que “constitúe unha ameaza adicional para os insectos nativos”, advirten os investigadores.

“A baixa taxa de captura e a selectividade das trampas con cebo que se usan actualmente, xunto coa alta capacidade de colonización da Vespa velutina e a alta mortalidade causada por grupos de insectos non obxectivo, en particular algúns que non son presa común das especies invasoras, cuestionan a utilidade deste método como ferramenta de control”, conclúe o estudo

En contra do criterio dos apicultores galegos

En primeiro plano, vespa velutina | Karine Monceau
En primeiro plano, vespa velutina | Karine Monceau

Os resultados cuestionan o posicionamento da Asociación Galega de Apicultura (AGA), que en outubro saíu ao paso de informacións publicadas recentemente nalgúns medios de comunicación en contra das trampas como sistema de control da velutina. “Os apicultores que utilizamos esta ferramenta non somos o problema e para protexermos as nosas colmeas defendemos esta práctica, que, aínda que precisa mellorar a súa eficacia e selectividade, é a máis eficaz na actualidade para frear o avance da praga”, defenderon.

O curioso –e paradoxo– do asunto é que no estudo que agora se publica participou a doutora da Universidade de Vigo Sandra Rojas Nossa, encargada de coordinar o programa ‘Stop Vespa Velutina’ promovido precisamente pola AGA. Canda ela asinan o traballo outros tres científicos adscritos á Facultade de Bioloxía e o Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo.

O que fixeron os investigadores foi comparar o rendemento de tres tipos de trampas con tres cebos de uso común. En total, probáronse nove solucións distintas, combinando cada trampa cun tipo diferente de cebo.

Máis sobre esta investigación no GaliciaConfidencial

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...