InicioSucesosAtopan falecido a un ciclista na N-6 en Lugo

Atopan falecido a un ciclista na N-6 en Lugo

En principio trataríase dunha indisposición e non dun accidente de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ciclista apareceu falecido na nacional N-6 ao seu paso por Alto de Garabolos, en Lugo. A Policía Nacional investiga as causas, aínda que en principio trataríase dunha indisposición.

Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, eran as 14,30 horas da tarde cando o persoal de Urxencias Sanitarias-061 contactaba coa central de emerxencias para avisar do desprazamento dunha UVI móbil ata o lugar.

Foron varias as persoas que deron a voz de alarma despois de atopar ao home inconsciente á beira dunha bicicleta coa que circulaba.

Con esta información, o 112 pasou o aviso á Policía Local, aos bombeiros e a Protección Civil. Unha vez no lugar, os sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

Tamén foron avisadas as forzas da orde. De tal forma, a Policía Nacional encárgase de investigar as circunstancias da súa morte, sen que polo momento pareza que se trate dun accidente de tráfico.

Un ciclista apareceu falecido na nacional N-6 ao seu paso por Alto de Garabolos, en Lugo. A Policía Nacional investiga as causas, aínda que en principio trataríase dunha indisposición. Segundo informan fontes do 112 Galicia, eran as 14.30 horas da tarde cando o persoal de Urxencias Sanitarias-061 contactaba coa central de emerxencias para avisar do desprazamento dunha UVI móbil ata o lugar.

Foron varias as persoas que deron a voz de alarma despois de atopar ao home inconsciente á beira dunha bicicleta coa que circulaba. Con esta información, o 112 pasou o aviso á Policía Local, aos bombeiros e a Protección Civil. Unha vez no lugar, os sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista. Tamén foron avisadas as forzas da orde. De tal forma, a Policía Nacional encárgase de investigar as circunstancias da súa morte, sen que polo momento pareza que se trate dun accidente de tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...