InicioSociedadeO comité de bombeiros acusa de coaccións á Deputación de Lugo, que...

O comité de bombeiros acusa de coaccións á Deputación de Lugo, que insiste en que se incumpren servizos mínimos en Vilalba

Os sindicatos achacan as baixas ás "presións" por parte da administración e aféanlle a súa actitude pouco "adecuada" para acabar coa folga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nova lea entre o comité de folga dos bombeiros comarcais e a Deputación de Lugo. Os representantes dos traballadores denuncian “coaccións” por parte do organismo provincial, que este venres denunciou, por segundo día consecutivo, o incumprimento dos servizos mínimos do parque de Vilalba.

En concreto, a institución que preside o socialista José Tomé emitiu un comunicado, igual que o fixo o xoves, no que relata que só dous traballadores incorporáronse na quenda deste venres no parque da capital chairega. Ademais, “non se presentou” o outro empregado designado como suplente para cubrir os servizos mínimos. Aínda que se lle avisou de novo, así como a outros dous suplentes, ningún deles se reincorporou “transcorrida máis dunha hora”. Xunto a isto, a metade do persoal de Vilalba está de baixa.

A Deputación de Lugo acusa aos bombeiros de manter “un comportamento totalmente irresponsable” por non cumprir con “a súa obrigación de presentarse no seu posto de traballo”. Así, os dous traballadores foron desprazados ata o parque de Barreiros. Este novo comunicado do goberno provincial sucede a outro emitido o xoves no que advertía ao colectivo de bombeiros, que está en folga indefinida desde o pasado mes de xuño, que acudiría á vía xudicial “de producirse algunha consecuencia” polo que considera unha “estratexia orquestrada”.

O COMITÉ VE “AMEAZAS” E “COACCIÓNS”

Neste contexto, o comité de folga dos bombeiros comarcais enviou outro comunicado no que acusa á Deputación de “tentar condicionar o lexítimo dereito de folga” con estas “ameazas” e desvía a responsabilidade. “Son os consorcios provinciais, non nós, os que non prestan os seus servizos, pois a responsabilidade de garantir os servizos mínimos é súa, a través dun persoal que poida traballar en condicións dignas, non de precariedade nin á conta de verse obrigados a facer horas extra“, afirma o comité.

Ademais, os representantes sindicais advirten que hai tanto persoal de baixa “precisamente polas presións por parte da administración para facer extras obrigatorias, distribucións con menos de cinco días e extensións horarias excesivas, que impide a conciliación coa vida familiar”.

Para o comité, se hai “algún tipo de acusación xudicial” debería ser contra os consorcios, porque non están a prestar “con normalidade un servizo imprescindible da cidadanía”. Finalmente, advirte á Deputación de que a súa actitude “non é a máis adecuada” para pór fin ao conflito que se estende case medio ano.

ÚLTIMAS

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...

Buscan a un condutor fuxido en Lugo tras saírse da estrada e acabar encaixado contra un sinal

A Policía Local de Lugo busca a un condutor que se deu á fuga tras...

Fuxan vos Ventos dará un concerto no Auditorio de Lugo, ao que dá nome

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que Fuxan os Ventos...