InicioPolíticaOs deputados do PP lugués fixan prioridades para o arranque da lexislatura...

Os deputados do PP lugués fixan prioridades para o arranque da lexislatura con Conde como portavoz de Industria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputados do PP de Lugo no Congreso –Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades– perfilaron na primeira reunión de traballo, unha vez que a dirección nacional asignoulles as responsabilidades dentro do Grupo Parlamentario, a folla de ruta a seguir na próxima lexislatura.

Un mandato no que o exconselleiro Francisco Conde será portavoz de Industria dos populares na Comisión de Industria e Turismo; Jaime de Olano portavoz de Economía na Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital, ademais de viceportavoz do Grupo Popular na Cámara baixa; e Cristina Abades, portavoz de Infancia, na Comisión de Xuventude e Infancia.

Segundo indican nun comunicado, como primeira medida acordaron incorporar á súa cronograma de actuacións as propostas da Comisión Permanente da Federación de Veciños Lucus Augusti, co fin, din, de “seguir sendo o altofalante” dos lucenses e de que o Goberno de Pedro Sánchez corrixa “as débedas que acumula coa provincia”. O foco puxérono en infraestruturas e desenvolvemento industrial.

Así, os representantes lucenses, na carta que leste mesmo martes remitiron ao colectivo, xunto aos senadores lucenses, detallan que, tal e como fixeron en cada un dos Orzamentos que presentou o Executivo socialista, seguirán apostando por lograr que se atenda a “as principais necesidades que ten Lugo”.

Insistirán así, entre outras cuestións, na importancia de que o AVE chegue a Lugo e, en consecuencia, na planificación orzamentaria das variantes de Vos Peares-Canabal e Rubián que estaban comprometidas por parte do Goberno e que nestes momentos, lamentan, “están paralizadas”.

Así mesmo, reivindican que se inclúan fondos para acometer de forma inmediata “as tan necesarias obras de mellora da A-6, a autovía A-74 e a restitución do trazado orixinal da N-642”.

ESIXENCIAS EN CLAVE INDUSTRIAL

Tamén van esixir partidas que “garantan o desenvolvemento dun plan de mellora da N-120”, así como os recursos necesarios para a execución do terceiro carril entre A Guítara e Ourense.

En clave industrial, traballarán polo “apoio” ao tecido industrial co asentamento de Altri, que se manteña a planificación do hidroducto Guitiriz-Zamora, e o apoio aos trabajdores de Alcoa, co foco na comarca da Mariña.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...