InicioSucesosDenunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente...

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor, de 46 anos de idade e xa reincidente, que arroxou 1,02 no test de alcoholemia, máis de catro veces a taxa máxima permitida.

Segundo o parte de incidencias do Concello, os axentes desprazáronse onte á noite á Praza do Conde Fontao porque se produciu un accidente de circulación. Alí, os policías comprobaron que un vehículo estaba en metade do carril e que o seu condutor estaba sentado na beirarrúa tras chocar contra o bordo e danar a roda dianteira dereita, que estaba inhabilitada para a circulación.

Os actuantes observaron que o home presentaba signos de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Así, sometérono ás correspondentes probas e deu un resultado positivo de 1,02 miligramos por litro en aire respirando, cando a máxima permitida é de 0,25.

Por estes feitos, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido e retiróuselle o vehículo. Ademais, confirmaron que o condutor era reincidente, porque xa contaba con antecedentes penais por ilícitos similares nos anos 2018 e 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...