InicioSucesosAparatoso choque da Policía Nacional na Avenida da Coruña

Aparatoso choque da Policía Nacional na Avenida da Coruña

Un coche patrulla bateu contra un turismo á altura do parque da Milagrosa, e un dos axentes precisou atención sanitaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un coche patrulla da Policía Nacional viuse involucrado nun aparatoso accidente na Avenida da Coruña ao bater contra un turismo. Como consecuencia do choque, dous axentes e dous ocupantes do outro vehículo resultaron feridos. Un dos axentes precisou asistencia sanitaria no lugar e foi despois trasladado.

A colisión sucedeu contra as dez da noite deste martes, á altura da entrada ao parque da Milagrosa, cando a unidade da Policía Nacional se dirixía ao centro do barrio por un aviso de incendio. O zeta, como se coñece a estes coches patrullas no argot policial, quedou seriamente danado no frontal.

Incendio na Milagrosa

O aviso inicial debeuse ao incendio dun coche a escasa distancia do lugar do accidente. O motor dun vehículo particular comezou a arder a carón do centro de saúde da Milagrosa, obrigando a comparecer aos Bombeiros de Lugo e outro compoñente da Policía Nacional.

O lume foi rapidamente sufocado e minutos despois os propietarios puideron retirar os enseres persoais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...