InicioTerra CháAbadínUnha persoa resulta ferida nun choque entre un camión cisterna e un...

Unha persoa resulta ferida nun choque entre un camión cisterna e un coche en Abadín

O tráfico estivo interrompido á altura de Moncelos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un camión cisterna que transportaba leite chocou contra un coche e envorcou en Abadín. O sinistro saldouse cunha persoa ferida e provocou a interrupción do tráfico no quilómetro 22 da LU-113, en Moncelos.

Foi preto das 17,10 horas cando unha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou ao 112 Galicia do sinistro: un turismo chocara contra un camión cisterna, que terminou envorcado no medio da vía.

Pouco despois, un particular tamén chamaba, engadindo que a cisterna estaba vertiendo parte do seu contido sobre o asfalto, e que un dos implicados necesitaba asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...