InicioA UlloaAntas de UllaO Concello de Antas de Ulla denuncia que o anterior goberno non...

O Concello de Antas de Ulla denuncia que o anterior goberno non pagou a luz desde 2016

"O dobre obxectivo desas conversacións é tanto garantir a subministración como regularizar unha situación que está a xerar graves prexuízos ás arcas municipais", resolveu a alcaldesa Pilar García.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Antas de Ulla, onde goberna a socialista Pilar García Porto, denunciou que o anterior Executivo, liderado polo popular Javier Varela, deixou de pagar a luz desde o ano 2016, o que provoca unha débeda de 341.072,63 euros.

Segundo informou o consistorio municipal, durante a elaboración do orzamento para o ano 2024, que se someterá a aprobación inicial o vindeiro xoves, revelouse a existencia de “un buraco de 341.072,63 euros pola falta de abono da subministración de enerxía eléctrica”.

Así, sinala que a pesar de que os recibos sen abonar acumulábanse polo menos desde 2006 e unha sentenza firme do 18 de febreiro de 2021 obrigaba ao Concello a pagar 135.665,58 euros máis os intereses, dous anos despois dese fallo xudicial a administración local “aínda debía 92.703,44 euros máis os intereses de demora”.

Ademais, o executivo local explica que a día de hoxe eses máis de 340.000 euros están en parte “xudicializados” coa sentenza e cun acordo de pagos para liquidala xunto coa liquidación corrente en pagos mensuais, pero “non se cumpriu nin coa compañía ‘Gas&Power’, por un importe de 247.550.89 euros no período de xaneiro de 2015 a xullo de 2020, nin con Naturgy Iberia, por 28.128,88 euros entre xuño de 2017 e outubro de 2020”.

Ante a “gravidade da situación”, o Concello asegurou que xa mantivo un encontro cos acredores co fin de fraccionar a débeda e establecer un acordo para uns prazos de pago “realistas”, que a administración local “poida asumir xunto coa facturación corrente”.

“O dobre obxectivo desas conversacións é tanto garantir a subministración como regularizar unha situación que está a xerar graves prexuízos ás arcas municipais”, resolveu.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...