InicioEconomíaAs traballadoras de limpeza de edificios municipais en Lugo acordan instar unha...

As traballadoras de limpeza de edificios municipais en Lugo acordan instar unha mediación tras 40 días de folga

As traballadoras toman esta decisión porque "a patronal estatal ten secuestrada a negociación"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asemblea de traballadoras de limpeza de edificios municipais de Lugo, celebrada este xoves, acordou instar unha mediación coa empresa concesionaria no Consello Galego de Relacións Laborais con “o obxectivo de desbloquear a negociación e avanzar nun acordo de convenio”, despois de 40 días desde o inicio da folga indefinida.

Mediante comunicado, o sindicato CIG explicou que as traballadoras toman esta decisión porque “a patronal estatal ten secuestrada a negociación”. Concretaron que “se negan a presentar novas propostas” e “nin sequera fixan un calendario de reunións”.

Coincidindo en tempo co comunicado da CIG, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou un encontro coa concesionaria o vindeiro luns, para negociar e tentar solucionar as consecuencias do conflito laboral e pór fin á folga.

Neste sentido, a CIG denuncia a “postura inmovilista” da Asociación Profesional de Empresas de Limpeza (Aspel), “dilatando irresponsablemente a folga e condenando ás traballadoras a unha precariedade total”.

A solicitude de mediación foi instada por tres centrais sindicais, segundo a CIG, “a patronal rexeita someterse a este mecanismo, polo que a responsable de CIG-Servizos Lugo, Asunción Castiñeira, valorou que “á administración non quedará máis remedio que tomar cartas no asunto”.

MOBILIZACIÓNS

As traballadoras acordaron seguir coas mobilizacións diarias mentres esperan resposta da patronal. Este venres tiñan previsto protestar no interior do Concello, pero segundo explica o comunicado da CIG, non lles permitiron permanecer dentro, polo que fixeron unha sentada nos soportais da Casa Consistorial.

Pouco despois, a Deputación tiña programado, na Praza Maior, un acto institucional polo 25N. “As traballadoras non quixeron perder a oportunidade de criticar a hipocrisía das administracións, que saen a facer actos institucionais e grandes declaracións mentres consenten que sectores feminizados como o da limpeza (no que o 90% son mulleres) permanezan na absoluta precariedade”, concluíu a CIG.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...