Home Lugo e contorna A alcaldesa de Lugo convoca á concesionaria de limpeza de edificios municipais para pór fin á folga

A alcaldesa de Lugo convoca á concesionaria de limpeza de edificios municipais para pór fin á folga

0
A alcaldesa de Lugo convoca á concesionaria de limpeza de edificios municipais para pór fin á folga
A alcaldesa de Lugo escoitando as reivindicacións dos piquetes da folga de limpeza de edificios municipais. CONCELLO DE LUGO

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou un encontro coa concesionaria do servizo de limpeza dos edificios municipais o vindeiro luns, para negociar e tentar solucionar as consecuencias do conflito laboral e pór fin á folga.

A través dun comunicado de prensa, a rexedora asegura que a situación de folga na que levan xa varias semanas é “indesexable por todas as partes”, sobre todo para o sector educativo, que é onde se concentra o groso das protestas.

Engade que, aínda que estean a demostrar o “esencial” das tarefas deste colectivo, é “urxente” que patronal e sindicatos senten de novo a dialogar, co compromiso de “darlle saída á situación”.

+ posts