Home Lugo e contorna Guntín Unha condutora resultou ferida en Guntín ao chocar o seu coche contra unha furgoneta

Unha condutora resultou ferida en Guntín ao chocar o seu coche contra unha furgoneta

0
Unha condutora resultou ferida en Guntín ao chocar o seu coche contra unha furgoneta
Unha condutora resultou ferida tras chocar o seu coche contra unha furgoneta./ GARDA CIVIL

Unha muller resultou ferida este xoves ao chocar o coche que conducía contra unha furgoneta no termo municipal de Guntín, segundo informaron Garda Civil e 112 Galicia. O sinistro, que consistiu nun choque frontolateral, rexistrouse sobre as 8,45 horas da mañá, no punto quilométrico 16,750 da estrada N-540, que une Lugo e Ourense.

Como consecuencia do choque, a condutora do turismo resultou ferida e foi evacuada en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti, informou o 061. O 112 Galicia confirmou que, ademais dos efectivos de Urxencias Sanitarias e da Garda Civil de Tráfico, foron alertados os bombeiros e Ges de Chantada, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

+ posts