InicioPolíticaRego sinala en Lugo ao BNG como a única forza "que defende...

Rego sinala en Lugo ao BNG como a única forza “que defende os intereses de Galicia”

O deputado nacionalista manifestou que "sorprende" a postura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con respecto á condonación da débeda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, trasladaron os “logros” do pacto de investidura, erixindo á formación nacionalista como “a única que defende os intereses de Galicia”.

Así, expuxeron nesta xornada, dous días despois da firma do acordo, as melloras nas infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias, para conectar Lugo, así como a creación dun xulgado específico de violencia de xénero, entre as cuestións principais.

Acompañados por cargos institucionais e orgánicos na comarca, o deputado do BNG trasladou as principais medidas recollidas no acordo de investidura, o cal “garante a Galicia e impulsa a axenda galega”.

Así mesmo, destacaron as medidas tamén en políticas sociais, como o aumento das pensións mínimas e a creación do xulgado de violencia machista, dúas actuacións coas que “mellora a vida dos lucenses”. “Co BNG, Galicia e Lugo gañan”.

Á marxe de lembrar as medidas como a “igualdade” na condonación da débeda e garantir o mesmo status político de Galicia con respecto a Euskadi e Cataluña nunha eventual reforma da estrutura do Estado, o Bloque destaca puntos específicos para a cidade e a comarca.

Este acordo “demostra a importancia de ter unha forza política como o BNG, a única forza coas mans libres que verdadeiramente defende os intereses de Galicia”, salientou Rego, quen manifestou que “sorprende” a postura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con respecto á condonación da débeda.

O deputado no Congreso tamén destacou que, en canto ás infraestruturas viarias, quedou “asegurada” a finalización dos tramos pendentes de execución da autovía Santiago-Lugo da A-54 antes de finalizar 2024, así como o compromiso de axilizar a execución dos traballos no viaduto colapsado da A-6.

Entre os puntos acordados, recóllense actuacións nos tramos de máis alta sinistralidade da N-6 e da N-640.

“Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para o noso país que 22 deputados e 18 senadores do PP escollidos en Galicia”, apuntou o tenente de alcalde da cidade. Arroxo destacou a creación do xulgado específico de violencia de xénero e subliñou que o “BNG vai facer o traballo que é incapaz de facer o PP”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...