InicioPolíticaRueda tacha de "mentira" que se condone a débeda a todas as...

Rueda tacha de “mentira” que se condone a débeda a todas as CCAA e Candia refírese a Sánchez como un “dirixente sen escrúpulos”

O presidente da Xunta tacha de "mentira" que se condone a débeda tamén ás outras comunidades nas mesmas condicións. Desde Lugo, vincula ao "gran negociador" Gómez Besteiro co acordo entre PSOE e ERC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, cualificou de “mentira” que se vaia a condonar a débeda a todas as comunidades nas mesmas condicións que a Cataluña e pediu “o mesmo trato, como mínimo, para Galicia” que para os demais. Así se pronunciou este domingo durante a súa intervención en Lugo, durante a tradicional pulpada organizada polo PP provincial á que tamén asistiu a súa presidenta, Elena Candia.

No seu discurso, Rueda arremeteu contra o acordo do PSOE con ERC para a investidura de Pedro Sánchez ironizando co prezo que os asistentes tiveron que pagar pola comida deste domingo: “Os 40 euros que pagastes todos os que estades aquí é a décima parte do que tedes que pagar a Cataluña”.

E iso foi “grazas a ese gran negociador que, ademais, é de Lugo”, dixo, en referencia ao candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, que formou parte do equipo que liderou o diálogo para os acordos de investidura de Sánchez. Segundo cifras de Alfonso Rueda, na mesma liña que a declaración institucional que leu o venres como presidente da Xunta, os 16.300 millóns de euros que o Goberno condonará á Generalitat catalá “custarán 400 euros a cada galego”.

Así mesmo, advertiu que isto é “tan só o primeiro asalto” dos 450.000 millóns que, segundo Junts, o Estado debe a Cataluña. Rueda explicou que as débedas “non se perdoan nin desaparecen. O único que se fai é cambiar de pagadores e, no canto de ter que pagar esa débeda quen pediu o diñeiro, vaise a distribuír entre todos”.

“PÓDESE BAIXAR IMPOSTOS”

Non en balde, o presidente galego reivindicou o traballo da Xunta con medidas como rebaixas fiscais e refugou as críticas da oposición: “Por moito que diga a esquerda, pódese baixar impostos se fas unha boa xestión económica e non optas por endebedarte coa idea de que logo paguen outros”.

Destacou a Galicia como “unha illa de estabilidade” fronte ás “incertezas” do Executivo estatal en cuestións como a xestión dos fondos europeos (referiuse a a planta de fibras téxtiles que Altri proxecta en Palas de Rei) e as infraestruturas na provincia de Lugo (polo estado da A-6 e o viaduto caído na fronteira con León).

“A xente quere que as administracións nos dediquemos a traballar e a facerlle as cousas máis fáciles cando todo se está pondo cada vez máis difícil. E a iso dedicámonos e seguirémonos dedicando en Galicia: a estar preparados, a ofrer estabilidade e a facerlle aos galegos a vida máis fácil”, proclamou.

CANDIA PIDE UNHA MAIORÍA ABSOLUTA PARA RUEDA

Pola súa banda, a presidenta do PP de Lugo cualificou a Pedro Sánchez como un “dirixente sen ningún tipo de escrúpulos” que, ademais, ten “esquecidas” as infraestruturas da provincia. “Aos socialistas de agora, que non aos de antes, a provincia de Lugo non ten nada que agradecerlles”, sinalou Elena Candia.

Neste contexto, lamentou que o candidato do PSdeG á Xunta senta “orgullo deses agravios e de dar a outros o que lles pertence aos galegos a cambio de nada”. Fronte a Besteiro, Rueda é “un presidente que goberna para as persoas” e Candia prometeu traballar “para que obteña a súa primeira maioría absoluta”, que será a quinta consecutiva para o PPdeG.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...