InicioSucesosAtopan falecido a un veciño de Vilalba desaparecido desde o venres

Atopan falecido a un veciño de Vilalba desaparecido desde o venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil atoparon falecido a un sexagenario, veciño de Vilalba, ao que a familia buscaba desde o pasado venres. Segundo fontes do operativo de procura consultadas por Europa Press, o seu corpo apareceu nunha balsa de auga próxima á súa vivenda en torno ao mediodía deste domingo.

A familia buscaba a este home, que vivía na parroquia de Carballido, desde o venres e na tarde do sábado presentou a correspondente denuncia. A partir de aí, activouse un operativo no que participaba a Garda Civil, Protección Civil e veciños da zona. O sábado buscaron durante un par de horas ata que a caída da noite fixo que se tivese que suspender ata este domingo, cando o atoparon. Segundo as fontes consultadas, o home presentaba problemas psiquiátricos e o Instituto Armado encárgase da investigación. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, desprazouse ata o punto.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...