InicioEconomíaO Concello converterá O Garañón en zona verde para derrubar as torres

O Concello converterá O Garañón en zona verde para derrubar as torres

O goberno local descoñece aínda o impacto económico desta medida, da que informou na mañá do venres aos grupos da corporación municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello levará a pleno a modificación do ordenamiento urbanístico de Lugo para converter O Garañón en zona verde, o que implicaría o derrubamento das torres. De saír adiante a proposta, o espazo quedaría inhabilitado para novas construcións despois da demolición do complexo ilegal.

A edificación actual ten as licenzas anuladas, e o goberno local debe cumprir un mandado xudicial e modificar puntualmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no sector do Garañón. Son tres as sentenzas do alto tribunal galego ao respecto deste solar.

A iniciativa foi trasladada ao resto de grupos da corporación municipal durante a comisión de seguimento do Garañón. O executivo de Lara Méndez descoñece polo de agora as consecuencias económicas que tería a modificación do PXOM, e que debería asumir o consistorio.

Así as cousas, o Concello contactará co propietario do solar para negociar e compensar os dereitos de edificación a través da cesión doutras parcelas de propiedade municipal, un procedemento de negociación regrado empregado con anterioridade para os terreos do novo colexio Sagrado Corazón, a Estación Intermodal ou o tapón da Avenida da Coruña, entre outros.

A rexedora afirmou que, antes de tomar este curso de acción, o equipo de goberno pedira en marzo un informe á Dirección Xeral de Patrimonio para “traballar conxuntamente”. Ante a negativa do departamento da Xunta de Galicia, a alcaldía decidiu seguir adiante e propor que o Garañón pase a ser zona verde.  

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...