Home Lugo e contorna Lugo Interveñen o vehículo a un lucense de 23 anos que foi sorprendido tres veces conducindo sen carné

Interveñen o vehículo a un lucense de 23 anos que foi sorprendido tres veces conducindo sen carné

0
Interveñen o vehículo a un lucense de 23 anos que foi sorprendido tres veces conducindo sen carné
Vehículo intervido en Lugo.. GARDA CIVIL

A Garda Civil de Lugo interveu o vehículo a un home que foi sorprendido conducindo sen carné tres veces nun curto período de tempo.

Segundo a información proporcionada polo corpo, os axentes interceptaron ao condutor, de 23 anos, e constataron que tiña vixente a perda de validez do permiso de conducir. Ademais, comprobaron que fora investigado recentemente ata en dúas ocasións polos mesmos feitos.

Dada a multirreincidencia do investigado, a Garda Civil procedeu ao comiso cautelar do vehículo e instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Vilalba.

+ posts