InicioSucesosInvestigados catro condutores na provincia de Lugo, un implicado nun accidente, por...

Investigados catro condutores na provincia de Lugo, un implicado nun accidente, por superar a taxa de alcol

Segundo informaron fontes da Garda Civil, na madrugada do pasado sábado, rexistrouse un accidente no termo municipal de Meira. Alí, un turismo sufrira unha saída de vía e chocara posteriormente contra un poste de formigón. O condutor, de 33 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario e sometido alí a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo, cun índice tres veces superior ao máximo permitido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a catro condutores interceptados en viarios da provincia de Lugo, como presuntos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria. Segundo informaron fontes da Comandancia, na madrugada do pasado sábado, rexistrouse un accidente no termo municipal de Meira. Alí, un turismo sufrira unha saída de vía e chocara posteriormente contra un poste de formigón.

O condutor, de 33 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario e sometido alí a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo, cun índice tres veces superior ao máximo permitido. Xa na mañá do domingo, no municipio de Sarria, foi detectada unha condutora de 24 anos de idade, que circulaba cunha taxa de alcoholemia catro veces superior á máxima permitida.

Finalmente, na madrugada deste luns, os axentes detectaron nun control no termo municipal de Lugo, a dous condutores que circulaban baixo os efectos do alcol. A primeira, unha muller de 46 anos de idade, triplicaba a taxa máxima permitida; e o segundo, un home de 59 anos de idade, tamén arroxou un nivel de alcoholemia tres veces superior ao límite.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...