InicioLugo e contornaLugoIdentifican a autora dun furto en Lugo despois de caer saíndo dunha...

Identifican a autora dun furto en Lugo despois de caer saíndo dunha tenda onde subtraera bixutaría

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a unha muller como presunta autora dun furto nun establecemento comercial da rúa San Roque.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a unha muller como presunta autora dun furto nun establecemento comercial da rúa San Roque.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pasadas as 21,00 horas deste martes, cando unha dotación da Policía de Barrio patrullaba por San Roque e observou a unha muller que irrompía na calzada e tropezaba, deixando caer varias pezas de bixutaría.

Cando os axentes acudiron a auxiliala, porque se caeu ao chan, achegouse o empregado dunha tenda próxima, e que informou os axentes de que esa muller era coñecida no seu local por cometer furtos, e que fora gravada polas cámaras de segurida subtraendo efectos do comercio.

Os policías procederon á identificación da sospeitosa, tendo en conta que o responsable da tenda manifestou a súa intención de presentar denuncia, e devolveron os efectos furtados ao establecemento.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou, entre outras intervencións, da retirada dun cabalo morto este martes pola tarde, que foi localizado na parroquia de Muxa da Arriba, e do inicio das pescudas para dar co seu propietario.

Así mesmo, fontes policiais notificaron un incendio, rexistrado a última hora da tarde do martes no barrio de Nazaret. As chamas declaráronse nunha zona de acumulación de residuos, e na súa extinción participaron efectivos de bombeiros forestais da Xunta e do servizo municipal de bombeiros.

SEGURIDADE VIARIA

En materia de seguridade viaria, nas últimas horas a Policía Local tramitou denuncias contra catro condutores por circular sen pasar a ITV no prazo regulamentario, e contra outro que circulaba sen o seguro obrigatorio.

Tamén foi denunciado un condutor que levaba no coche a un menor sen o sistema de retención infantil; outro que tiña permiso de conducir estranxeiro, non válido en España; e outros dous condutores que deron positivo na proba de alcoholemia (un deles co carné retirado por sentenza xudicial).

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...