InicioLugo e contornaDescubren que un mozo finxía ser esquizofrénico para pedir medicamentos

Descubren que un mozo finxía ser esquizofrénico para pedir medicamentos

Axentes da Policía Local de Lugo acudiron o sábado a unha farmacia do centro da cidade ao recibir o aviso da presenza dunha persoa, un mozo, de 24 anos, que estaba moi alterado e que dicía ter esquizofrenia e que necesitba medicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo acudiron o sábado a unha farmacia do centro da cidade ao recibir o aviso da presenza dunha persoa, un mozo, de 24 anos, que estaba moi alterado e que dicía ter esquizofrenia e que necesitaba medicación.

Desde a farmacia, explica a Policía Local, precisaban que eles non lla podían dar sen receita previa. Finalmente, o home foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde explicaron aos axentes que o coñecían e que non tiña un trastorno psiquiátrico real.

Tamén indicaron que actuaba dese modo para conseguir medicación, especialmente benzodiazepinas que logo, segun relatou el mesmo ao persoal sanitario nalgunha ocasión, vendía con posterioridade.

Ademais, o domingo, axentes do grupo operativo nocturno tivéronse que trasladar ao PACde Fingoy, onde unha persoa esixía pastillas de trankimazin. Os axentes comprobaron que se trataba do mesmo individuo, que protagonizou, ademais, diversos incidentes nos últimos días.

AGRESIÓNS

Por outra banda, o domingo, sobre as 06,45 horas, a Policía Local desprazouse á rúa Pousa Antelo tras a alerta dunha agresión. Un home, con feridas na boca e que foi trasladado ao hospital, explicou que fora agredido por un grupo de mozos.

Mentres, os axentes interviñeron o venres nun edifico da rúa Camiño Real por unha persoa que causaba danos na porta no portal e á que retiveran. O home, que sangraba por unha man, explicou que un dos moradores pecháballe a porta e que tivo que detela coa man para que non lle dese. A versión non ofreceu credibilidade aos axentes ao corresponder o cristal roto á folla de porta fixa. Ademais, incautóuselle unha arma branca, de 20 centímetros.

Xa o sábado, de madrugada, un indicativo desprazouse á praza de Casas Novoa por un altercado entre un grupo de mozos. Unha moza asegurou que un home, doutro grupo, acosábaa e que os seus amigos tiveron que intervir. Inicialmente, manifestou a intención de denunciar pero, cando foi identificarse o individuo, dixo que non quería.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...