InicioSociedadeJosé Tomé destaca o "éxito" da Festa da Malla, que reúne a...

José Tomé destaca o “éxito” da Festa da Malla, que reúne a miles de persoas en Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tome Roca, destacou este domingo o “éxito” e o “poder de convocatoria” da Festa da Malla de Meira, que este domingo celebrou a súa 31ª edición, coa asistencia de miles de persoas.

O evento, declarado de Interese Turístico Galego, ofrece como gran atractivo as demostracións que rememoran o ancestral proceso dos traballos agrícolas cos que se golpeaba o cereal para separar o gran da palla.

José Tome felicitou á Asociación de Amigos da Malla de Meira e ao Concello polo “intenso traballo” que hai detrás da organización dese encontro, un “referente” por ser o primeiro deste tipo en celebrarse en Galicia e porque “promove e recupera as tradicións do campo que, de non ser por estas iniciativas, desvaneceríanse no tempo”.

“É un pracer ver xuntarse aos veciños e veciñas para realizar estas tarefas como se facía antigamente en tempo de ‘mallar’, e tamén como as novas xeracións empápanse destes costumes tan enraizados no noso campo”, afirmou o presidente da Deputación de Lugo, que tamén destacou que citas como a Festa da Malla contribúe a “manter vivo” o rural de Lugo e dinamizar a economía de pequenos municipios.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...