Home Ancares Cervantes Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo a un organizador da proba ciclista de Cervantes

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo a un organizador da proba ciclista de Cervantes

0
Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo a un organizador da proba ciclista de Cervantes
Ciclistas na edición de La Vuelta 2019 | La Vuelta - Sarah Meyssonnier

A xuíza do Xulgado de Becerreá decretou este venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido polo atropelo supostamente intencionado na proba ciclista celebrada o pasado domingo en Cervantes.

O home está investigado por un delito de tentativa de homicidio, omisión do deber de socorro e condución con desprezo á vida dos demais. O ferido era un dos membros organizadores da proba ciclista Ancares Cycling Marathon.

De acordo cos servizos de emerxencias, o suceso ocorreu sobre as 12.30 horas do mediodía e a vítima resultou con feridas de gravidade, polo que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladalo ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), onde permanece na UCI.

Os feitos ocorreron nun cruzamento no que o condutor, a pesar da advertencia de Protección Civil, quería atravesar o cordón de seguridade e acceder co coche á estrada que, nese momento, estaba cortada porque ía pasar o pelotón.

Ante a negativa do condutor, a vítima (uno dos organizadores da proba ciclista) saíu dun dos coches de seguridade para tentar impedir que cruzase. Foi nese momento cando o atropelou, tal e como relatan fontes da organización.

O home sufriu un forte golpe na cabeza e foi atendido nun primeiro momento polos servizos médicos da carreira e da PAC de San Román, pero logo tivo que ser derivado en helicóptero ao HULA, onde permanece grave na UCI, segundo informan fontes sanitarias.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here