InicioSucesosVeciños de Recimil e Coeo concéntranse en demanda dun semáforo no paso...

Veciños de Recimil e Coeo concéntranse en demanda dun semáforo no paso a nivel onde faleceron dous mozos

A súa petición a Adif pasa pola instalación dun semáforo "mentres non se suprime o paso a nivel, que iso leva máis tempo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños de Recimil e Coeo en Lugo concentráronse ante a Subdelegación do Goberno para esixir a colocación dun semáforo no paso a nivel onde faleceron, en xullo, dous mozos.

A protesta foi convocada polas representacións veciñais, entre as 12:00 e as 13:00 horas, co obxectivo de reclamar a Adif que coloque un semáforo, á espera de suprimir o citado paso a nivel, principal demanda dos veciños. Fano despois de que protagonizasen diversas protestas para denunciar a falta de seguridade no paso a nivel sen barreiras e no que dous mozos, de 19 e 21 anos, faleceron cando o seu coche foi arroiado por un tren de viaxeiros durante uns 200 metros.

Roberto López, representante da Asociación de Veciños Coeo, asegurou que a súa petición a Adif pasa pola instalación dun semáforo “mentres non se suprime o paso a nivel, que iso leva máis tempo”. En canto á concentración ante a Subdelegación do Goberno, sinalou que o convocaron ante a súa petición para que se lles informase dos pasos a este respecto. No entanto, dixo que, por agora, “non se lles informou de nada“.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...