InicioEconomíaConcellos e Deputación de Lugo únense á iniciativa Impulsa TIC

Concellos e Deputación de Lugo únense á iniciativa Impulsa TIC

Trátase dun novo proxecto da institución provincial a través do que proporcionará gratis ferramentas tecnolóxicas ás entidades locais para avanzar na súa modernización e transformacióndigital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración cos 52 alcaldes e alcaldesas da provincia que decidiron sumarse ao Impulsa TIC.

Trátase dun novo proxecto da institución provincial a través do que proporcionará gratis ferramentas tecnolóxicas ás entidades locais para avanzar na súa modernización e transformacióndigital.

En presenza dos responsables municipais que decidiron sumarse ao Impulsa TIC e do deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o presidente explicou que Lugo se sitúa á cabeza das institucións provinciais de toda España que recibiron máis fondos desta liña de axudas convocada polo Ministerio de Política Territorial, xunto ás de Barcelona, Valencia e Sevilla.

O que dá boa conta do nivel e da calidade da candidatura que presentamos”, destacou o mandatario provincial. Tamén sinalou que este programa estivo aberto a todos os municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes e puxo en valor que participasen, case o 80% dos concellos que podían facelo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento que supera os 100.000 euros para mellorar infraestruturas e servizos públicos dos veciños e veciñas de Alfoz.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...