InicioSucesosDetido un home tras agredir á súa parella nun escampado en Lugo

Detido un home tras agredir á súa parella nun escampado en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detivo a un home de 50 anos de idade por violencia de xénero despois de agredir presuntamente á súa parella nun escampado da cidade. Segundo informa o corpo policial, o pasado día 22 de xullo pola tarde unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local foi enviada á Avenida de Paulo Fabio Máximo, á altura dun escampado, porque un home estaba a agredir a unha muller.

Os axentes desprazados ao lugar foron recibidos por catro persoas xunto unha muller tirada no chan. Segundo estas mesmas fontes, o grupo de individuos relatou que “momentos antes” un home agredira á vítima ausentándose do lugar. Os policías alcanzaron ao presunto agresor “a uns cen metros do lugar dos feitos”, presentando “signos de embriaguez” e manifestando que a muller que estaba no chan “era o seu parella pero que non pasara nada”.

A muller, engade a Policía Local, tamén con signos de embriaguez, “ratifica esa mesma afirmación, descartando a posibilidade de denunciar”. Debido a estas manifestacións, os axentes mobilizados entrevistaron as testemuñas, quen explicaron que “o home agarrou con forza á muller polo brazo, tirándoa en dúas ocasións con violencia ao chan”. Así mesmo, os policías observan que a vítima presenta “arañazos nun brazo e unha perna” á vez que “se nega a ser asistida por un facultativo”.

Por todo iso, proceden á detención do home, de 50 anos e veciño de Lugo, por un presunto delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao xulgado correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Reaccións moción de censura: Candia xustifica presentar a moción en que Lugo ten un goberno “débil”

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...