InicioLugo e contornaLugoLara Méndez mediará ante Adif para mellorar a seguridade do paso a...

Lara Méndez mediará ante Adif para mellorar a seguridade do paso a nivel no que se produciu o sinistro en Lugo

"Unha posible solución" pasa por "incrementar os semáforos" e, de ser necesario, o orzamento para iso achegarao o Concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comprometeuse cos veciños de Coeo e Recimil a interceder ante os altos responsables do Adif no Goberno e mesmo coa ministra de Transportes, Raquel Sánchez, para mellorar a seguridade do paso a nivel no que a pasada semana produciuse o sinistro no que morreron dous mozos.

Segundo informou o Concello, Méndez, acompañada polo tenente de alcaldesa e concelleira de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, Miguel Fernández, reuniuse este martes con representantes do colectivo de veciños.

Así, para eles “una das posibles solucións” pasa polo “incremento da sinalización semafórica”. Desta forma, se é a “medida máis adecuada” Méndez incidiu no que Concello achegará, se é necesario, o financiamento para instalala, coa autorización e coordinación do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.

Os veciños de Coeo e Recimil teñen previsto cortar a vía do tren, onde se produciu o sinistro a pasada semana no que faleceron dous mozos, a partir deste mércores, a espera de confirmación por parte da Subdelegación de Goberno en Lugo.

Segundo confirmaron fontes da asociación veciñal a Europa Press, o corte realizarase das 14,00 a 15,00 horas durante “todos os días” ata que lles dean unha solución mediante a “sinalización correcta” dese paso a nivel. “Que non teñamos que estar a nos xogar a vida para cruzar todos os días”, apuntaron.

Desta forma, o que queren “é unha solución, unha alternativa”. Ante isto incidiron en que “non é tan complicado” pór un semáforo de obra mentres que non se suprime o paso a nivel e é “o que van tentar que faga Adif”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...