InicioEconomíaAbre o prazo de alegacións á futura planta de hidróxeno verde de...

Abre o prazo de alegacións á futura planta de hidróxeno verde de Norvento en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta somete a información pública o futuro proxecto dunha planta de hidróxeno no Centro de Innovación Norvento Enerxía (Cinema), situado en Lugo, polo que se abre o período de alegacións durante 20 días a partir do 11 de xullo.

O proxecto –promovido pola empresa Nedgia Galicia– pasa pola implantación dun sistema de inxección de hidróxeno verde, producido no Centro de Innovación Norvento Enerxía (Cinema), na rede de distribución de gas natural no municipio de Lugo.

Tamén se proxecta a construción dunha canalización, que será obxecto doutro proxecto, para a conexión deste módulo coa rede de gas natural, segundo se recolle no anuncio da Consellería de Economía, Industria e Innovación publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) este luns.

O pasado mes de marzo, Norvento informaba de que investirá máis de 50 millóns de euros nunha nova fábrica autosuficiente e de cero emisións en Lugo. Producirá toda unha gama de produtos tecnolóxicos de alto valor engadido para a xeración e o almacenamento enerxético, entre os que se inclúen os aeroxeradores nED de media potencia, solucións de almacenamento eléctrico con baterías e sistemas de electrónica de potencia que permitirán producir hidróxeno verde.

A planta situarase xunto ao edificio Cinema, sede da compañía no Parque Empresarial As Gándaras, en Lugo, e suporá a consolidación de 1.000 postos de traballo, segundo estimación da compañía.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...