InicioSucesosUn octoxenario recibe unha rebaixa de pena de 16 a 13 anos...

Un octoxenario recibe unha rebaixa de pena de 16 a 13 anos por abusar de dúas irmás menores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente un recurso interposto por un octoxenario de Lugo que foi condenado a un total de 16 anos de cárcere por agredir sexualmente a unha nena e abusar sexualmente da súa irmá, de maneira que rebaixou a pena ata un total de 13 anos de prisión.

Os feitos ocorreron en 2015, cando o procesado coñeceu ás nenas, de nacionalidade estranxeira, nun parque da cidade e convenceunas, gañando a súa confianza e comprándolles lambetadas, para que o acompañasen á súa casa. No domicilio agrediu sexualmente a unha das irmás, e abusou sexualmente da outra (obrigándoa a bicalo); a agresión sexual repetiuse en varias ocasións máis.

A defensa recorreu a sentenza condenatoria, alegando, entre outras cuestións, que a Audiencia Provincial de Lugo non fixera unha correcta valoración da proba, ou que se produciu dilacións indebidas (unha circunstancia atenuante).

Na súa sentenza de resposta, o alto tribunal galego rexeita algúns destes argumentos, e valida a correcta valoración da proba realizada polo tribunal de instancia. Respecto diso, sinala que os peritos deron credibilidade ao testemuño das vítimas, fronte ás contradicións do acusado na vista, e que non houbo un ánimo espúreo nas nenas, que foron remisas a denunciar e que non coñecían de antes ao acusado.

O TSXG tamén desestima a circunstancia atenuante de dilacións indebidas, porque non se excederon os prazos ordinarios no procedemento e a defensa tampouco invocou en instancia esta circunstancia.

Con todo, o tribunal si aprecia unha incorrecta aplicación da agravante de “especial vulnerabilidade”, ao entender que esa circunstancia xa está considerada nos delitos, ao ser cometidos sobre persoas menores de 16 anos de idade. Por iso aplicou a redución de penas de prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...