InicioEconomíaO 20 de xuño comezará a folga do sector da limpeza para...

O 20 de xuño comezará a folga do sector da limpeza para reclamar un convenio “digno”

A folga afecta a todo o persoal regulado polo convenio de edificio e locais. Durante esa xornada, as centrais convocan unha manifestación que sairá do edificio sindical, na Rolda da Muralla, ás 12,00.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, UGT e CC.OO. convocaron unha xornada de folga no sector da limpeza en Lugo o 20 de xuño, martes, para reclamar un convenio colectivo “digno”.

En concreto, a folga afecta a todo o persoal regulado polo convenio de edificio e locais. Durante esa xornada, as centrais convocan unha manifestación que sairá do edificio sindical, na Rolda da Muralla, ás 12,00 horas.

En rolda de prensa, explicaron que a última proposta da patronal é “claramente insuficiente”, cun convenio a catro anos (2022-2025) sen cláusula de revisión. Asunción Castiñeira, de CIG-Servizos de Lugo-A Mariña, denuncia que a oferta é unha “miseria” ante un convenio que “actualmente xa quedou por baixo do SMI”. Unha limpadora cobra de salario basee 13.594 euros ao ano en 15 pagas. Por iso, “a revisión anual do IPC é irrenunciable no actual contexto de IPC desbocado, do mesmo xeito que o pago dos atrasos correspondentes ao ano 2022”.

Alertan de que a patronal estatal que domina o conveni-o (empresas como Clece ou Eulen) “pretenden perpetuar a precariedade nesta negociación”, aínda que avisan de que os traballadores rexeitaron de forma “rotunda” unha oferta de “miseria”. De non chegar a acordo, avisan de que a partir de setembro convocarase folga indefinida.

“Non se pode seguir precarizando cada vez máis o sector da limpeza. Nestes últimos anos foron persoal esencial que tivo que estar na primeira liña, dando a cara e arriscando a saúde nuns momentos de moita incerteza. Agora a patronal quere pagarlles cun convenio de miseria”, reproba Castiñeira.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...