InicioA UlloaO BNG de Monterroso e o Partido Galego estudan unha alternativa ante...

O BNG de Monterroso e o Partido Galego estudan unha alternativa ante a negativa de Antonio Gato de apartarse

O BNG e o Partido Galego do municipio lucense de Monterroso mantiveron un encontro para tratar de estudar unha alternativa "real e viable" para a gobernabilidade do Concello tras a negativa da cabeza de lista do PSOE, Antonio Gato, de apartarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG e o Partido Galego do municipio lucense de Monterroso mantiveron un encontro para tratar de estudar unha alternativa “real e viable” para a gobernabilidade do Concello tras a negativa da cabeza de lista do PSOE, Antonio Gato, de apartarse.

A poucos días da constitución do goberno local, a fragmentación que saíu das urnas o pasado 28 de maio mantén a incerteza sobre que pasase na localidade o vindeiro sábado. Cabe lembrar que o PP se fixo con tres actas, o PSOE con outro tres, Independentes por Monterroso (IxM) e Partido Galego con dous, respectivamente, e o BNG, cunha.

Ademais, durante a campaña electoral, tanto o BNG como o Partido Galego defenderon que non pactarían co que xa fose alcalde da localidade lucense entre 1999 e 2015 (ademais dun ano en 2019 baixo as siglas de Independentes por Monterroso) e agora, con esta repartición de cartas, mantéñeno.

Mentres, a agrupación local do PSOE acordou pedir en asemblea ao seu candidato á alcaldía que se aparte para poder negociar un goberno co PG e o BNG e evitar deste xeito que tome o bastón de mando o PP, a lista máis votada, pero Gato xa reiterou que rexeita dar un paso ao carón e confirma que o 17 de xuño estará no Concello para recoller a súa acta de concelleiro.

Así, os movementos entre as distintas forzas políticas non deixan de sucederse. O último que transcendeu foi o do Partido Galego e BNG –xuntos suman 3 actas e a maioría sitúase en 6–. Segundo trasladaron ambas as formacións a Europa Press, o obxectivo desta reunión foi tratar de “analizar e ofrecer” unha alternativa “real e viable” para tentar alcanzar “un pacto de goberno que dea estabilidade ao Concello de Monterroso” durante o próximos catro anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...