InicioTerra CháMurasUn raio provoca un incendio nunha nave de explotación gandeira en Muras

Un raio provoca un incendio nunha nave de explotación gandeira en Muras

Os bombeiros de Vilalba traballan na extinción dun incendio nunha nave de explotación gandeira en Muras (Lugo). Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos particulares que contactaron coa central de emerxencias, o lume puido ser provocado por un raio, que afectou toda a instalación eléctrica da nave e tamén dunha vivenda que se atopaba nas proximidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vilalba traballan na extinción dun incendio nunha nave de explotación gandeira en Muras (Lugo). Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos particulares que contactaron coa central de emerxencias, o lume puido ser provocado por un raio, que afectou toda a instalación eléctrica da nave e tamén dunha vivenda que se atopaba nas proximidades.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos poucos minutos antes das 18,00 horas deste luns. De acordo co relato do alertante, o lume consumía rolos de herba seca e diversa maquinaria agrícola almacenada nunha explotación gandeira localizada na parroquia de Irixoa, no concello lucense de Muras.

O 112 deu aviso aos bombeiros de Vilalba e de Viveiro, aos membros do distrito forestal da zona, ao persoal do concello e ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia. Unha vez no lugar, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba confirmaron que a estrutura da edificación colapsou por completo.

Agora, os bombeiros continúan no punto traballando para lograr a completa extinción do lume. O 112 tamén pasou aviso ao equipo de Urxencias Sanitarias, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...