InicioSociedadeReforzo da seguridade no primeiro Arde Lucus de carácter internacional

Reforzo da seguridade no primeiro Arde Lucus de carácter internacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiron este luns a Xunta Local de Seguridade do Arde Lucus, na que se abordou o deseño dos dispositivos de vixilancia que se desenvolverán na capital entre o 22 e o 25 de xuño con motivo da celebración das festas de recreación histórica.

Durante o encontro, a rexedora puxo en valor a relación de cooperación permanente que manteñen Policía Local, Policía Nacional, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil. “Corpos que, unha vez máis, traballarán de maneira organizada para realizar un control efectivo sobre os espectáculos e actividades programadas“, engadiu.

En concreto, Méndez precisou que se reforzarán os efectivos “para vixiar, especialmente, as aglomeracións que poidan xurdir durante os concertos previstos e as actividades nas que se espera unha maior afluencia de público”. Tamén centrarán parte do seu labor en garantir o correcto desenvolvemento dos desfiles, tanto o de tropas romanas e tribos castrexas como o escolar.

Igualmente, no encontro deste luns concretouse o Plan de Autoprotección dos festexos, que incorpora, entre outras medidas, un maior número de dotacións de bombeiros. Así, haberá unha dotación de efectivos a catro minutos de cada un dos campamentos, para ofrecer a cada asociación formación e recursos en materia de prevención de incendios.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...