InicioSucesosDetido en Lugo un home por roubar un bolso e causar unha...

Detido en Lugo un home por roubar un bolso e causar unha fractura a súa propietaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes de Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia, tras subtraer un bolso polo método do ‘tirón’ e causar lesións á vítima.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos foron denunciados pola vítima no pasado abril. Esta persoa explicou que un home novo tiráralle do bolso, de maneira que se caeu ao chan e sufrira unha fractura nun ombreiro.

As pescudas policiais permitiron identificar o sospeitoso, que foi localizado na mañá deste luns por indicativos de radiopatrulla na rúa San Roque. Os axentes procederon á súa detención e posta a disposición do xulgado, que decretou o ingreso en prisión provisional.

Por outra banda, a Policía Nacional de Lugo tamén informou da detención doutro home, de mediana idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza, cometido a pasada madrugada.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...