InicioEconomíaA Xunta declara de utilidade pública a parcelaria de Friolfe, no Páramo,...

A Xunta declara de utilidade pública a parcelaria de Friolfe, no Páramo, que reorganizará 933 hectáreas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta declarou de utilidade pública a parcelaria de Friolfe, no concello lucense do Páramo, que reorganizará 933 hectáreas repartidas en 1.618 parcelas propiedade de 211 veciños.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o decreto polo que se declara de utilidade pública a reestruturación parcelaria desa zona.Así, este decreto publicouse en aplicación da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que teñen como obxectivo aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os custos de produción.

Nesta liña, o Executivo galego sinalou que o municipio do Páramo, situado na comarca de Sarria, destaca pola importancia do seu sector primario cunha relevante implantación de explotacións gandeiras.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...