InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian novas minas de ouro nos Ancares

Denuncian novas minas de ouro nos Ancares

Denunciase a concesión dun permiso para un proxecto para a extracción de ouro sen ter en conta o impacto medioambiental que este pode ter.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción e outros colectivos presentaron alegacións fronte a concesión do cuarto permiso de investigación mineiro de ouro solicitado pola empresa canadense Western Metallica no concello asturiano de Ibias, a apenas 150 metros do límite co concello galego de Navia de Suarna e do Lugar de Importancia Comunitaria Os Ancares – O Courel.

As organizacións ecoloxistas de Asturias e Galicia denuncian que a Dirección Xeral de Minaría do Principado concedera o permiso de investigación sen unha avaliación de impacto ambiental que é obrigatoria cando a actividade poida causar impactos directos ou indirectos sobre espazos protexidos, coma é o caso. Tamén denuncian a documentación presentada pola empresa que omite a existencia dos espazos protexidos e non estabelece ningunha medida para minimizar impactos.

Como exemplo, para mostrar o impacto real de proxectos similares, Ecoloxistas en acción explica que a compañía canadense Rio Narcea Gold Mines obtivo na mina de El Valle-Boinás apenas 27 toneladas de ouro nunha década, provocando a contaminación do río Cauxa con arsénico, selenio, cobre e outros metais pesados.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...