InicioPolíticaPontón sinala ao BNG como o verdadeiro motor de transformación de...

Pontón sinala ao BNG como o verdadeiro motor de transformación de Lugo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, proclamou que o candidato da súa formación á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, será o próximo alcalde da cidade porque "o Bloque foi o seu verdadeiro motor de transformación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, proclamou que o candidato da súa formación á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, será o próximo alcalde da cidade porque “o Bloque foi o seu verdadeiro motor de transformación”. A líder dos nacionalistas galegos visitou este luns xunto a Rubén Arroxo o barrio da Tinería, unha zona que considerou “un exemplo de como o PP dinamitou a política de vivenda protexida e de discriminación coa cidade”.

Nun contexto no que “a crise de prezos é unha das principais preocupacións da cidadanía e cando o prezo do aluguer nas cidades subiu de media un 30% nos últimos anos”, Pontón censurou que o Goberno do PP “dinamitase a política de vivenda protexida” e que “en 14 anos non movese un dedo para seguir co proceso de rehabilitación e recuperación”.

A líder do Bloque explicou que, de estar rehabilitadas, esas vivendas poderían porse a disposición da xente nova e das familias con menos recursos en réxime de aluguer a prezos asumibles para as rendas medias e baixas. “Iso foi exactamente o que fixo exactamente o que fixo o BNG cando tivo responsabilidades de Goberno”, lembrou para indicar que “o Goberno do PP leva anos dándolle as costas a Lugo e ignorando a recuperación dun barrio que é fundamental para esta cidade”.

A portavoz nacional manifestou tamén a súa desconformidade con que “por puro partidismo, o Goberno do PP teña no máis absoluto abandono ao barrio da Tinería, a rehabilitación das vivendas e a recuperación do espazo público”. “O Executivo do señor Rueda non está a discriminar e abandonado ao BNG, senón a todos os veciños e veciñas de Lugo, moi en particular aos que viven nesta parte da cidade”, sostivo.

“OUTRO LUGO É POSIBLE CO BNG”

Ademais, Pontón mostrouse convencida de que “como resposta a este agravio e a esta discriminación”, a cidadanía vai dar unha resposta contundente nas urnas o próximo 28 de maio, apostando polo BNG e por Rubén Arroxo como alcalde para facer que Lugo progrese e avance”.

Arroxo, pola súa banda, lembrou que o da Tinería é “un dos barrios máis antigos de Lugo, e un dos poucos do mundo que ten tres patrimonios da humanidade”. Así, explicou como, anos atrás, fíxose un investimento moi importante, coa recuperación de restos arqueolóxicos ou a rehabilitación do Pazo de Doa Urraca, con máis de mil anos de antigüidade.

“A pesar de todo ese traballo, coa chegada do PP á o Xunta chegou tamén a parálise que impediu que este barrio estea hoxe en día rehabilitado”, lamentou o candidato, que asegurou que se a partir do 28 de maio é alcalde de Lugo unha das súas primeiras actuacións será pedir unha reunión con Rueda para solicitarlle que termine os proxectos pendentes. “E, se non, xa o fará a próxima presidenta”, declarou Arroxo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...