InicioPolíticaFelipe VI visitará Lugo o 5 de maio no marco do Tour...

Felipe VI visitará Lugo o 5 de maio no marco do Tour do Talento 2023

Contará cun programa enfocado a potenciar a empregabilidade, o emprendimiento e as competencias profesionais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O rei Felipe VI estará en Lugo o vindeiro venres, 5 de maio, para visitar, xunto a varias autoridades galegas, o acto central do Tour do Talento 2023, unha iniciativa da Fundación Princesa de Xirona que despregará na cidade máis de 40 actividades.

Este evento, que se celebrará entre os días 2 e 7 de maio, contará cun programa enfocado a potenciar a empregabilidade, o emprendimiento e as competencias profesionais máis demandadas polas empresas, entre outras cuestións.

O acto central do Tour do Talento Lugo 2023 será o 5 de maio, no Auditorio Municipal Gustaovo Freire, coa presenza do xefe do Estado. Ademais, durante o mesmo acto desvelarase o fallo do Premio Princesa de Xirona Investigación Científica 2023.

O Tour do Talento conta coa colaboración do Concello de Lugo como coorganizador do evento, así como de Fundación Vertex Bioenergy, Norvento Enerxía, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...