InicioPolíticaO PSdeG presenta candidaturas nos 67 municipios da provincia de Lugo

O PSdeG presenta candidaturas nos 67 municipios da provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Socialistapresentará candidaturas para as próximas eleccións municipais do 28 de maio nos 67 municipios de Lugo, a totalidade dos concellos da provincia. Así o confirmou a formación cun comunicado, no que destacan que, con este dato, cúmprese un dos “grandes obxectivos” marcados polo secretario xeral provincial, José Tomé.

As últimas propostas de lista aprobada foron as de Friol, Muras, Xove e Paradela, que foron validadas pola Comisión de Listas. Por tanto, o PSOE conta con candidatos no 100% dos municipios da provincia. Froito diso, o PSOE de Lugo renova o 37% dos candidatos, combinando mocidade e experiencia. Ademais, presentará 24 mulleres, o 36% dos candidatos. “Un feito histórico do que sentimos moi orgullosos e unha mostra clara da nosa continua aposta real pola igualdade, na que seguiremos traballando”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...