InicioPolíticaBesteiro: "Candia aínda non se desculpou polos anóminos enviados"

Besteiro: “Candia aínda non se desculpou polos anóminos enviados”

Chancea co personaxe principal de Casablanca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que a candidata do PP á alcaldía de Lugo e presidenta provincial, Elena Candia, non lle trasladou “ningún tipo de desculpas” en relación aos anónimos enviados sobre a súa persoa e que levaron, posteriormente, unha investigación contra el que o tivo apartado da política.

O PP admitiu que Candia entregou en 2013 documentación recibida “de forma anónima” no grupo provincial que “podería ser constitutiva de delito”. No entanto, alegou que foron “un fiscal e un xuíz” quen decidiron emprender unha investigación contra o socialista José Ramón Gómez Besteiro.

Na súa primeira visita institucional á cidade de Lugo como delegado do Goberno e preguntado se se desculpou con el a candidata popular, manifestou que non recibiu “ningún tipo de desculpas”. “Cada un fai o que lle parece”, dixo Besteiro quen fixo unha comparativa co personaxe principal da película ‘Casabranca’. “Odiasme, Rick?”. “Se chegara a pensar en ti algún dia, probablemente te odiaría”

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...