Home Comarca de Meira Tres feridos en Pol nun accidente cun tractor

Tres feridos en Pol nun accidente cun tractor

0
Tres feridos en Pol nun accidente cun tractor
Accidente dun coche contra un tractor / Guardia Civil

Galicia rexistrou na tarde deste mércores dous accidentes nos que se viu implicado, polo menos, un tractor. Así, ata cinco persoas tiveron que ser atendidas en senllos accidentes en Padrenda e Pol.

No municipio de Pol, tres persoas que viaxaban nun coche tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario debido á colisión cun tractor. O accidente produciuse no quilómetro 13 da LU-P-1203, á altura da parroquia de Lea. O condutor do tractor contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Segundo indicaba, as persoas que circulaban no turismo podían necesitar asistencia médica.

Así, os xestores da Central de Emerxencias 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, tamén, puxeron a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol e do servizo de mantemento da vía de circulación.

+ posts