Home Lugo e contorna Lugo A Policía Local rescata a un mozo quedou atrapado entre as silveiras dun solar

A Policía Local rescata a un mozo quedou atrapado entre as silveiras dun solar

0
A Policía Local rescata a un mozo quedou atrapado entre as silveiras dun solar
Momento do rescate a un mozo que se atopaba atrapado entre unhas silvas. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Efectivos da Policía Local de Lugo rescataron a un mozo que entrou na pasada madrugada nun solar con maleza e quedou atrapado entre unhas silveiras. Segundo informa nun comunicado foi sobre as 5,30 horas cando unha patrulla acudiu a Rolda República Arxentina tras recibir unha chamada dun mozo que ao parecer quedouse atrapado nunha matogueira de silvas e non era capaz de saír de alí.

Tras recibir o aviso, unha dotación policial trasladouse de inmediato ao lugar e observou como un mozo facía sinais coa lanterna do seu teléfono móbil desde unha zona de difícil acceso, con moita vexetación.

Un dos axentes entrou nas matogueiras e liberou ao novo, de 21 anos, quen explicou que accedera pola parte superior da zona, ata que chegou un momento no que non foi capaz de atopar a saída, dado que se viu rodeado de maleza. O mozo, segundo a Policía Local, asegurou que se atopaba ben e rexeitou asistencia médica.

+ posts