InicioSociedadeA Deputación de Lugo abre prazo para inscribirse en actividades gratuítas en...

A Deputación de Lugo abre prazo para inscribirse en actividades gratuítas en Terras do Miño e Os Ancares

O calendario inclúe unha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 3 de abril e o 30 de xuño e os interesados poderán anotarse en varias canles

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abre este xoves as inscricións nas novas actividades gratuítas de lecer e educación ambiental nas reservas de Terras do Miño e Os Ancares, para as que se ofertarán 300 prazas para todos os públicos.

O calendario inclúe unha vintena de propostas que se desenvolverán entre o 3 de abril e o 30 de xuño e os interesados poderán anotarse en varias canles. No caso de Terras do Miño, as inscricións poden facerse a través da web http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais; e as actividades nos Ancares lucenses teñen un mail para inscribirse, ancareslucenses@deputacionlugo.org, e os teléfonos 982.227.812 e 982.227.813.

A primeira actividade en Terras do Miño, ‘Naturalmente ao pé do río’, terá lugar os días 3,4,5 e 10 de abril e destínase a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade; do 11 ao 14 de abril haberá un taller de cultivo de flores e de primavera e verán, e de técnicas de secado de flores para adultos.

Nas semanas seguintes haberá actividades como un taller de cestaría, xornadas para aprender a optimizar as producións hortícolas, sobre mobiliario para exteriores, observación de aves na Lagoa de Cospeito, ou iniciación á encadernación xaponesa, todo eles para adultos.

O 3 de xuño terá lugar, coincidindo co Día da Bicicleta en Familia, unha actividade de 40 prazas para familias; e o día 5 dese mes, os xardíns da Deputación acollerán un concerto didáctico sobre sons da natureza.

O programa completarase con actividades conmemorativas do Día do Medio Ambiente, rutas na contorna do Centro de Interpretación Terras do Miño, talleres de ioga, xogos, etc. Nos Ancares e montes de Cervantes, Navia e Becerreá desenvolveranse actividades de formación de apicultura ecolóxica, a ruta ‘A natureza na Vía Küning (tramo 03)’, unha actividade familiar sobre xeoloxía, un curso de orientación na montaña e un campamento científico para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...