InicioSucesosDetidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

Detidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

Os feitos tiveron lugar nos últimos días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo o pasado xoves, día 23 de marzo, a un home tras agredir en plena rúa á súa parella, que se refuxiou nun local de hostalaría para evitar seguir sendo golpeada.

Tal como informou nun comunicade devandito corpo de seguridade, os feitos ocorreron sobre as 12,45 horas, cando un cidadán alertou aos axentes de que na Avenida da Coruña un home estaba a agredir a unha muller.

Alí foi localizada en estado de nerviosismo e chorando, con marcas no pescozo e sangue nas uñas. Posteriormente, os funcionarios dirixíronse ao domicilio do home, que nun principio negou os feitos, pero despois recoñeceu que tivo unha discusión coa súa parella por celos. Así, o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

OUTRA AGRESIÓN

Por outra band, a Policía Local de Lugo detivo na madrugada do pasado sábado, día 25 de marzo, a un home por supostamente entrar á forza en casa do seu exparella para agredila. Os feitos ocorreron sobre as 04,00 horas, cando a vítima chamou aos axentes informando da agresión.

Unha vez alí, os funcionarios observaron as desfeitas provocadas e as feridas e marcas que causou no corpo da muller. Posteriormente, segundo o relato dela, o home fuxiu do lugar correndo. A partir de aí, iniciouse un operativo de procura, sendo localizado o home tirando no chan, convulsionando. Por iso, solicitouse presenza sanitaria e foi trasladado a un centro hospitalario, sendo custodiado en calidade de detido por un presunto delito de violencia de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...