InicioMedioambiente e PatrimonioRecorren ante o TSXG a autorización da mina de Muras

Recorren ante o TSXG a autorización da mina de Muras

A "posible rotura" dunha das doce balsas tería consecuencias "nefastas" para os núcleos próximos e os ríos, denuncia Ecoloxistas en Acción Galiza

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza vén de recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización da mina de Urbas en Silán, Muras. A asociación ecoloxista presentará demanda no contencioso-administrativo tras pedir xustiza gratuíta. Así, sinalan que o Monte de Escoiras tería un total de 12 balsas de decantación e a “posible rotura” dunha delas tería consecuencias “nefastas” para os núcleos próximos e os ríos, como o Landro.

Ademais, explican que os materiais en suspensión destas balsas adoitan ter metais pesados. “Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e tecidos orgánicos”, sinalan. Así, advirten de que unha vez emitidos poden permanecer no ambiente durante centos de anos así como dos seus efectos tóxicos tamén no ser humano.

Nesta liña, manifestan que as balsas deben catalogarse como balsas de residuos mineiros de Categoría A e contar cun sistema de xestión da seguridade e de emerxencias. “Estamos a falar de terreos húmidos e non existe un estudo xeotécnico que demostre que as balsas se poden escavar directamente sobre a rocha como afirma a promotora”, sinalan.

O colectivo insisten na “necesidade da perceptiva” avaliación de impacto ambiental do proxecto para facilitar a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas. Ademais, apuntan a que “non consta” a renovación e prórroga dos permisos de investigación outorgados á mercantil promotora.

Finalmente, Ecoloxistas en Acción Galiza indica a presenza de especies higrófilas, fundamentais para o ecosistema no lugar e que dependen totalmente dos hábitats acuáticos. “A explotación mineira eliminaría e afectaría de forma irreversible a estes hábitats”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...

Tres mulleres agredidas en Lugo, dúas delas nunha pelexa entre ambas

A Policía Local de Lugo interveu nos últimos días en varios incidentes rexistrados en...