InicioPolíticaAnulado un ano despois o voto telemático dunha deputada do BNG nun...

Anulado un ano despois o voto telemático dunha deputada do BNG nun pleno da Deputación

Os populares esixen que se desestime a proposta do bipartito de reclamar á Xunta cambios no programa Coidados Porta a Porta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do contencioso anulou o voto telemático emitido pola deputada nacionalista Mónica Freire no pleno da Deputación Lugo celebrado en maio de 2022 por “non darse as condicións necesarias para facelo”. A resolución xudicial, con data do 20 de marzo, supón a nulidade dos acordos adoptados grazas ao voto agora invalidado.

Nun comunicado, no que o portavoz dos populares na Deputación, Javier Castiñeira, sostivo que “o goberno da Deputación de Lugo fixo trampas nas votacións do pleno de maio de 2022” co voto telemático desta deputada que permitiu “tombar” mocións presentadas polo PP.

O PP lembra que a corporación provincial está conformada por 25 deputados, dos que 12 son do Partido Popular, mentres que socialistas e nacionalistas suman 13. Segundo indica, na sesión estaban ausentes o presidente, José Tomçe, e a deputada Mónica Freire, polo que os 12 representantes do PP podíanse impor aos 11 do grupo de goberno. Con todo, sinala que o voto telemático, agora anulado, permitiu á presidenta do pleno romper o empate co seu voto de calidade.

O deputado popular asegura que se tratou dun voto “transcendental” porque permitiu que o bipartito sacase adiante unha das súas propostas e tombase a do PP. “A iniciativa do goberno provincial pretendía conseguir cambios no programa da Xunta Coidados Porta a Porta sen ter en conta o voto telemático da deputada nacionalista, sería rexeitada.

Ademais, apunta que as mocións do PP non saíron adiante precisamente porque foi admitido ese voto telemático, que era “ilegal”, da deputada nacionalista, que non estaba presente no pleno a pesar de que nolos motivos que esgrimiron “non son os que di a lei”.

A portavoz popular aclara que “esa deputada estaba a facer ese día outras funcións en Ribadeo”. Nesa sesión plenaria, lembra o PP, “estaba de presidenta do pleno a nacionalista Maite Ferreiro –vicepresidenta da Deputación– por ausencia do titular, José Tomé, que era o que permitía que o PP, con doce votos, gañase en votos ao bipartito.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...