InicioCulturaA Deputación reforza o seu compromiso con Vilalba triplicando a colaboración económica...

A Deputación reforza o seu compromiso con Vilalba triplicando a colaboración económica co FIV

Reunirá os días 28, 29 e 30 de abril a bandas e artistas do panorama indie nacional e galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, asinaron este xoves no Pazo de San Marcos un novo convenio de colaboración a través do cal a institución provincial practicamente triplica o seu apoio económico á décimo sexta edición do Festival Independiente de Vilalba (FIV), que convertirá a localidade chairega do 28 ao 30 de abril na capital nacional do indie rock.

O mandatario provincial explicou que este acordo co que a institución achega 50.000€ ao Concello de Vilalba permitirá dar “unha maior proxección a este evento musical, que durante os tres días de celebración da cita recibirá a milleiros de visitantes”, o que supoñerá “unha importante inxección económica para a localidade”, subliñou José Tomé.

Pola súa banda, Elba Veleiro agradeceu ao Presidente o seu compromiso un ano máis co que é xa un dos eventos máis importantes para Vilalba, xunto á Feira do Capón ou a Festa do Queixo San Simón da Costa. Por iso, nesta ocasión, engadiu a Acaldesa, “queremos ir máis aló, dar un paso máis na dimensión deste formato, co que contaremos cun aforo para 5.000 persoas e unha das programacións máis completas ata a data, con actividadades que inclúen propostas para toda a familia”.

Tres días co mellor da música indie

O FIV de Vilalba 2023 abrirá a tempada do calendario festivaleiro na provincia cun cartel de luxo. Reunirá os días 28, 29 e 30 de abril a bandas e artistas do panorama indie nacional e galego como Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Mora, Hickeys, la Banda de Música de Vilalba, Los Mainches, Berta Franklin, e as sesións dos djs Akkan, Ochoymedio Djs, Jus Kno’. Ademais, o programa musical inclúe como proposta infantil a Gramola Gominola, que presentará no festival vilalbés os seus últimos temas e novos discos.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...