InicioMovementos sociaisManifestación este xoves en Lugo por un novo xulgado do social

Manifestación este xoves en Lugo por un novo xulgado do social

Os convocantes explican que o colapso xudicial en Lugo prexudica os traballadores suxeitos á xurisdicción do social, que desisten das reclamacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca para este xoves unha manifestación en Lugo para reclamar un cuarto xulgado do social para a cidade. A marcha sairá ás 20.00 horas de Ronda da Muralla 58, sede sindical, e rematará na porta do edificio xudicial. Os organizadores xustifican esta demanda pola discriminación deste servizo con respecto á media galega, e a consecuente acumulación de casos que ocasiona un prexuízo contra os traballadores.

Os argumentos da central sindical son de peso. Na actualidade estanse a sinalar xuízos para datas tan lonxanas coma abril de 2021, e incluso os expedientes máis rápidos encaran xa marzo de 2019. Esta demora fai que os traballadores da xurisdicción social –o persoal de administracións públicas vai por vía do contencioso-administrativo– desistan incluso de reclamar as cantidades, ante a perspectiva de comezar un proceso que pode alongarse anos.

A situación débese á acumulación de expedientes por falta dun cuarto xulgado do social, sosteñen na CIG, pois a velocidade de resolución é superior a outras cidades galegas. Na actualidade, o índice de conxestión de Lugo duplica a referencia de Ourense, onde si existen catro órganos xudiciais para o social. Na cidade das Burgas hai 25.000 asalariados por xulgado, mentres que na capital lucense a relación ascende a 39.000.

Os factores que explican o colapso son os recortes de persoal, a amortización de prazas na administración xudicial, en conxunto co incremento das reclamacións por mor da crise económica e as reformas laborais aprobadas nese contexto. A retirada da xuíza de reforzo en xuño agravou o panorama, facendo imperante a creación do cuarto xulgado do social.

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...