InicioSucesosPiden 11 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...

Piden 11 anos de prisión para un home acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor

Pide que ao procesado se lle impoña a prohibición de achegarse a unha distancia inferior a 500 metros á prexudicada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolle este xoves, a partir das 10,00 horas, o xuízo contra un home que está acusado dun delito continuado de agresión sexual a unha menor.

A Fiscalía de Lugo solicita 11 anos de prisión para este home que, segundo o escrito de cualificación, mantivo relacións sexuais completas coa menor no domicilio onde ambos convivían entre os anos 2013 e 2015. A vítima denunciou os feitos en 2021, cando era maior de idade.

O Ministerio Público pide que ao procesado se lle impoña a prohibición de achegarse a unha distancia inferior a 500 metros á prexudicada, ao seu domicilio, lugar de estudo ou traballo, ou calquera outro onde se atope, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio por prazo de 15 anos.

De igual forma, a Fiscalía considera que se lle debe impor a pena de liberdade vixiada por prazo de oito anos, a inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade sobre a menor por prazo de oito anos e a inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto regular e directo con menores de idade por tempo de 18 anos.

Como responsabilidade civil, expón que indemnice á prexudicada por estes feitos na cantidade de 9.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...