InicioPolíticaO PSOE de Lugo presume de renovación e mulleres para gañar...

O PSOE de Lugo presume de renovación e mulleres para gañar “máis alcaldías” e “manter” a Deputación

O comité provincial aproba 62 listas pendentes de completar as 67 para toda a provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG de Lugo, José Tomé, proclamou que a súa formación presenta “os mellores candidatos” ás eleccións municipais do 28 de maio para “consolidar as alcaldías” que actualmente ostentan. Ademais, afirmou que saen a “gañar” máis municipios e coa idea de “manter” a Deputación. A renovación das listas alcanza un 30 por cento.

Así o expresou ante o comité provincial, celebrado este venres, e que supón o máximo órgano entre congresos. “Saímos a gañar as eleccións cuns candidatos que teñen un fondo coñecemento do seu concello, preparación, proxecto de futuro e o máximo compromiso cos seus veciños”, manifestou, antes de mostrarse “orgulloso” das candidaturas que presentan, das que destaca que será a formación política con “máis mulleres candidatas” de entre todos os partidos políticos que se presentan na provincia.

Así, no comité provincial quedaron validados os 62 candidatos e candidatas, mentres que se segue traballando para validar nos próximos días as de Carballedo, Friol, Muras, Paradela e Xove, algunhas “a piques de pecharse”, alcanzando así os 67 municipios. Un dos cambios máis significativos é o de Samos, tras a renuncia do rexedor, Julio Gallego, que xa foi expulsado do grupo municipal tras declarar que apoiará ao seu fillo, que vén de fichar polo PP.

“Somos moitos e seremos máis”, recalcou o líder dos socialistas lucenses, incidindo en que actualmente o partido conta con 27 alcaldías e forma parte doutro catro gobernos locais, o que supón 31 concellos que “aglutinan a maioría social” da provincia e representan o 65 por cento da poboación.

Coa intención e confianza en que poden “renovar” estas alcaldías, manifestou “posibilidades clarísimas” en Antas de Ulla, Taboada ou Abadín, nos que xa quedaron “a un puñado de votos na última cita electoral”, xunto con “novas expectativas” en moitos outros concellos.

RENOVACIÓN

Os socialistas renovan en torno ao 30 por cento dos alcaldables, entre eles, os de Burela, Palas de Rei, Monterroso, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Portomarín, Samos, Pantón e A Pobra do Brollón, xa presentados publicamente; así como en Sarria, Chantada, Riotorto, O Páramo, Baleira e Becerreá, que se darán a coñecer por parte do partido “en próximas datas”.

Tomé tamén destaca o “dinamismo” e capacidade de “ilusionar” e a incorporación de xente moi nova, como Alba Sinde (con 22 anos e estudante de Ciencias Políticas) por Castro de Rei; Daniel Irimia (con 28 anos e investigador, escritor e poeta) por Cospeito; ou Ana Corredoira (con 32 anos, bióloga e á fronte dunha granxa de produción de leite en ecolóxico) Palas de Rei. Alcaldables que se suman a candidatos novos que concorren de novo ás eleccións, como Marta Rei por Ribadeo, ou Roi Rigueira por Taboada; e os xa consolidados, como como Mayra García Bermúdez, en Trabada; María Loureiro, en Viveiro; ou Fran Cajoto, en Foz.

Ademais, “expresión dos logros e a continua loita do PSOE en materia de igualdade“, reivindicou Tomé, é a formación política pola que se presenta un maior número de mulleres, cunha vintena, “o dobre” que o PP. Entre elas, están Lara Méndez, por Lugo; Elba Veleiro, por Vilalba; Carmela López, por Burela; Pilar García Porto, por Antas de Ulla; Ana Corredoira, por Palas de Rei; Alba Sinde, por Castro de Rei; María Loureiro, por Viveiro; Rocío López, por Lourenzá; Mayra García Bermúdez, por Trabada; María Luján Ramos Ben, por Cervo; Marta García Rei, por Ribadeo; Marisol Morandeira, por Guitiriz; Laura Celeiro, polo Incio; Carmen Veiga, por Barreiros; Susana Ferreiro, por Begonte; Carmen Macía, por Bóveda; Esperanza González, por Mondoñedo; e Carmen Acacio, por Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

A ausencia de tres deputados do PSdeG díscolos con Tomé fan que perda votacións no pleno provincial de Lugo

O PSdeG perdeu votacións no pleno da Deputación de Lugo celebrado na mañá deste...

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo a varios menores

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron nas últimas horas a un home, investigado por...