InicioCulturaA filóloga lucense María López ingresará como membro de número da RAG

A filóloga lucense María López ingresará como membro de número da RAG

A sesión extraordinaria terá lugar no Círculo dás Artes de Lugo a partir das 12,00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A filóloga María López Sández (Lugo, 1973) ingresará na Real Academia Galega como membro de número o sábado 11 de marzo nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no Círculo dás Artes de Lugo, a súa cidade natal.

A filóloga e escritora pronunciará o discurso  ‘Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego’, ao que lle dará resposta en nome da institución a académica Marilar Aleixandre. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala, a sesión poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal.

María López Sández ocupará a vacante producida polo falecemento do académico Darío Xohán Cabana en novembro de 2021. Profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e catedrática en excedencia da educación secundaria, a académica de número electa é investigadora da literatura galega e da sociolingüística, e tamén creadora literaria.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...