InicioEconomíaA ampliación da queixería Entrepinares, declarada iniciativa prioritaria pola Xunta

A ampliación da queixería Entrepinares, declarada iniciativa prioritaria pola Xunta

Construirá outra planta anexa á actual para unha nova liña de fabricación de queixo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta declarou como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación da planta de Queserías Entrepinares no municipio lucense de Vilalba.

A empresa prevé un investimento de 19 millóns para instalar unha nova liña de fabricación de queixo en formato de tres quilos de peso, elaborado con leite de vaca, cabra e ovella, en variantes de tenro e semicurado.

Para iso, construirá outra planta, anexa á actual en Vilalba. Así, prevese a creación de 35 postos de traballo directos –indefinidos e a xornada completa–, con máis da metade do emprego dirixido a mulleres.

CIFRA MARCA DE FACTURACIÓN DO LÁCTEO

Por outra banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou “o bo momento” do sector lácteo galego, que facturou 1.306 millóns en 2022 pola venda de leite, “un máximo histórico” que supón un 35% máis que 2021. Así, Galicia consolídase como “líder nacional” en produción de leite e está entre o dez principais rexións produtoras de toda Europa.

Deste xeito, o rendemento medio por explotación experimentou un avance do 73,7% na comunidade galega, por encima do dato de España, recolle o informe.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...